Escolares de Ponte Caldelas recibiron xa medio cento de tarefas a domicilio
Por Redacción
O servizo de impresión de deberes e tarefas escolares, posto en marcha polo Concello de Ponte Caldelas para atender a familias sen recursos informáticos, xa leva repartidos medio cento de encargos por todo o municipio.
As familias que non dispoñen de ordenador ou impresora na casa poden empregar este servizo e só teñen que enviar un correo electrónico a alcaldia@pontecaldelas.org, incluíndo os arquivos para imprimir, a dirección de entrega e un teléfono de contacto.
Logo das vacacións de Semana Santa houbo un incremento na petición de impresión de tarefas escolares, segundo explicou o alcalde, Andrés Díaz, que sinalou que está "moi orgulloso" das familias da vila "que se están apoiando, dando folgos, compartindo ideas, tarefas e todo tipo de enxeños para facer máis levadía a estadía na casa".
"Nós tamén queremos aportar o noso gran de area para facilitar que todos os nenos poidan seguir o ritmo que se está a marcar a nivel educativo", engadiu Díaz.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas recibe unha doazón de dez ordenadores para entregar a escolares do municipio
Por Redacción |
-
Piden tablets e ordenadores de segunda man en Ponte Caldelas para dotar a escolares de material para as clases online
Por Redacción |
-
20.000 friameiras para poñer en marcha a campaña ‘DegustaNaCasa’ en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas seguirá dotando de máscaras lavables á súa poboación
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas paga 13.600 euros a autónomos e pemes coas súas axudas directas
Por Redacción |
-
Comeza a repartición de máscaras porta a porta en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |