O servizo de teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante o estado de alarma
Por Redacción
O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas desde o comezo do estado de alarma.
En concreto, desde o 14 de marzo, realizáronse ao redor de 600 chamadas para a prevención de estafas e atendéronse a preto de 20 persoas que solicitaron axuda en compras, xestións ou reparacións nos seus domicilios.
Pola súa banda, a máis de 110 persoas fíxoselles especial seguimento pola súa vulnerabilidade, e a outras 5 por sospeita ou confirmación de coronoavirus.
Durante estas datas, desde a Deputación lembran que intensificaron os seguimentos telefónicos dos usuarios deste servizo e das máis de 120 persoas que non contan con apoio familiar ou social, e, a maiores, están a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas nestes momentos tan delicados.
Ademais das actuacións relacionadas coa atención telefónica do Servizo de Teleasistencia, prestan axuda en compras e outras xestións, como reparación de domicilios ou a campaña de prevención de timos e estafas. Tan só pulsando un botón, os usuarios teñen resposta inmediata, as 24 horas do día e os 365 días do ano.
Relacionadas:
-
A Deputación moderniza o seu servizo de teleasistencia domiciliaria
Por Redacción |
-
Carmela Silva pide ás entidades financeiras que axilicen as xestións para axudar a familias e empresas
Por Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra realiza un seguimento telefónico a 4.000 persoas na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Cruz Vermella Pontevedra tamén 'Responde' ante os colectivos máis desprotexidos polo coronavirus
Por Redacción |
-
A Deputación libera catro millóns de euros para axudar aos concellos pequenos a loitar contra o coronavirus
Por Redacción |