Máis do 90% da poboación de Caldas de Reis non abandonou o municipio durante a última semana de confinamento
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis acaba de realizar unha primeira análise dos datos de mobilidade proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística que proveñen da análise da posición de máis do 80% dos teléfonos móbiles en toda España dos tres principais operadores de telefonía móbil. Trátase dos datos de mobilidade entre áreas territoriais superiores a 5.000 habitantes durante a crise do coronavirus, que se poden comparar cos datos do mes de novembro de 2019.
Segundo estes datos en Caldas, entre o 90 e o 94% da poboación non abandonou o municipio a semana pasada. A mobilidade de saída diminuíu un 40% con respecto a novembro do ano pasado, mentres que a mobilidade de entrada se reduciu nun 50%. Nos días analizados de novembro de 2019, o 76% da poboación non marchou de Caldas. Esta porcentaxe aumentou a máis do 90% o pasado martes 7 de abril e subiu ata o 94% os últimos domingos.
Pero máis alá da actual crise sanitaria estes datos son especialmente interesantes para coñecer a mobilidade no municipio, ao dispoñer tamén de información detallada correspondente ao mes de novembro de 2019. As cifras mostran que cada día chegaron a Caldas algo máis de 2.000 persoas, das que o 26% (541 persoas) procedían de Moraña e Portas, seguido de Vilagarcía de Arousa con case o 17% (346 persoas). De Cuntis chegaban 150 persoas e outras tantas de Valga e Catoira. Dende Barro e Pontevedra chegaban a diario 108 persoas.
Do 24% da poboación que saíu de Caldas en novembro de 2019 (2.345 persoas), a metade desprazouse a municipios veciños, destacando Moraña e Portas (535 persoas), seguido de Vilagarcía de Arousa (285 persoas), Cuntis (222 persoas), Valga e Catoira (137 persoas). O outro 50% desprazouse a outros concellos máis remotos.
O concelleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Manuel González, indicou que estas cifras permitirán planificar con máis precisión as accións incluídas no Plan de Mobilidade Urbana Sostenible (PMUS) que se aprobou o ano pasado e que foi preparada co apoio da Deputación de Pontevedra. Ademais, estes datos tamén serán de moita utilidade para planificar o conxunto de servizos e infraestruturas do municipio, así como para o deseño de estratexias e plans de promoción económica e comercial.
Relacionadas:
-
Caldas suspende a taxa de terrazas e potenciará o turismo interior para reactivar a economía local
Por Redacción |
-
Os pontevedreses só se moven a Marín, Poio e dentro do seu municipio durante a corentena
Por Manu Otero |
-
Caldas arromba as súas zonas verdes ante a autorización de posibles saídas
Por Redacción |
-
Caldas de Reis fai seguimento dos máis de 2.500 maiores de 65 anos do municipio
Por Redacción |
-
Vixiarán as segundas residencias diante da chegada da Semana Santa
Por Oskar Viéitez |