Carmela Silva pide ás entidades financeiras que axilicen as xestións para axudar a familias e empresas
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra trasladou unha solicitude ás entidades bancarias para que tenten axilizar ao máximo a resposta administrativa e de xestión dos trámites "a fin de que a saída da crise sexa o menos gravosa posible para empresas e familias".
Así o requiriu nunha carta a presidenta provincial, Carmela Silva, na que recolle as demandas de familias, comercio, hostalería ou persoas autónomas, entre outros, "que están a sufrir como nunca unha situación de asfixia económica".
"Todos os sectores produtivos recoñecen abertamente as súas dificultades para xestionar as súas necesidades de carácter económico e financeiro, e a sociedade necesita respostas contundentes das administracións públicas, pero tamén das entidades socio económicas do país", sinala Silva.
Ante esta dificultade, entende a presidenta provincia, a axilización destas tramitacións pode resultar determinante para moitas persoas, polo que apela á sensibiliad das entidades financeiras nun momento tan incerto como o que provocou o Covid-19.
Relacionadas:
-
O servizo de teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Carmela Silva, sobre os festivais de música: "Non estou disposta a que se perda nin un só en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva aprema a Feijóo para que a Xunta axilice a tramitación dos ERTE
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada