Cabreo do alcalde de Sanxenxo coa ministra de Traballo pola reapertura do sector turístico
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asegurou este sábado que sería "descabellado" que o Goberno non permitise a reapertura dos establecementos turísticos ata final de ano, xa que considera que iso supoñería a morte do sector.
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, recoñeceu nunha entrevista en TVE que o Goberno prevé unha recuperación da actividade económica en dúas fases, cunha excepcionalidade atenuada ata este verán e unha normalidade atenuada ata final de ano.
Esta cuestión xerou unha gran preocupación no sector turístico xa que, en principio, hoteis, restaurantes e bares, entrarían dentro da segunda categoría, polo que perderían toda a tempada de verán, a máis importante para eles.
Telmo Martín lembra que o turismo supón o 80% da actividade económica deste municipio pontevedrés, polo que denuncia que a medida que estuda o Goberno supoñería "el final por decreto de millones de pequeños negocios de hostelería".
O rexedor do PP pregúntase se o Goberno "ha perdido el sentido común" ou se, pola contra, trátase das declaracións dunha ministra que non contan co "beneplácito" do presidente do executivo, Pedro Sánchez.
"Si ese es el planteamiento de la ministra lo mejor que puede hacer es presentar su dimisión y dejar que otra persona con más capacidad encuentre soluciones que no impliquen la destrucción de la principal industria de este país y de Sanxenxo", denuncia Martín.
O alcalde de Sanxenxo asegura que o sector é "consciente" das medidas que deberán adoptar para garantir a seguridade dos seus clientes, entre elas, a redución do aforo e que terán unha "gran repercusión" na súa rendibilidade.
Os establecementos turísticos, lembra Telmo Martín, están a facer un "gran sacrificio" durante esta crise sanitaria e lamenta que Yolanda Díaz "no sea consciente de ello".
Por iso, o rexedor pídelle á responsable de Traballo que "aporte soluciones" para que o sector poida reabrir con certa normalidade e "si no se ve con capacidad para hacerlo" e recoméndalle que "se vaya a su casa" en lugar de "jugar con el futuro" del sector.
Relacionadas:
-
O alcalde de Sanxenxo pide á Deputación un salvavidas para o sector turístico
Por Redacción |
-
A Xunta prepara un plan de reactivación do turismo para as Rías Baixas con medidas de seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
‘Hostalería segura’, o distintivo que acreditará os locais que cumpran coas medidas de seguridade fronte ao Covid-19
Por Redacción |
-
Portonovo poderá dispoñer en xuño do novo skate park
Por Redacción |