Mapa interactivo cos establecementos operativos en Poio
Por Redacción
O mapa interactivo deseñado polo Concello de Poio, a través da Concellería de Promoción Económica, para achegar á veciñanza información sobre establecementos e negocios de primeira necesidade que permanecen operativos durante o actual estado de alerta, inclúe na actualidade información sobre 40 locais.
Esta iniciativa foi impulsada co obxectivo de que a cidadanía dispoña dunha ferramenta que lle permita saber cales son os lugares máis próximos aos seus domicilios aos que poder dirixirse en caso de precisar mercar alimentos, medicinas ou artigos necesarios.
Deste xeito, axúdase a evitar desprazamentos innecesarios e a facilitar o cumprimento das directrices marcadas polas autoridades a raíz do decreto que establece a situación de confinamento provocada pola expansión do Covid-19.
Por outra banda, o concelleiro de Promoción Económica, Gregorio Agís, lembra que todos aqueles negocios de primeira necesidade que desexen modificar ou actualizar algún dato, así como incorporarse ao listado en caso de que non apareza, poden enviar esta información ao Concello, a través da conta de correo electrónico promocioneconomica@concellopoio.org.
Actualmente, neste espazo da páxina web municipal pódese consultar o emprazamento de 25 tendas de alimentacións e supermercados, cinco librarías ou estancos, dúas estacións de servizo e oito farmacias e centros sanitarios, distribuídos polas cinco parroquias de Poio.
Relacionadas:
-
O mapa interactivo dos negocios de Poio irase poñendo ao día co avance da desescalada
Por Redacción |
-
O Concello de Poio retomará as sesións do goberno local vía telemática
Por Redacción |
-
O Concello de Poio repartiu 8.000 euros para axudar ás familias máis necesitadas
Por Redacción |
-
Cales son os establecementos operativos en Poio? A web municipal ofrecerá unha listaxe
Por Redacción |
-
Poio fai promoción turística nas redes pensando na volta á normalidade
Por Oskar Viéitez |