Cuntis e Caldas manteñen activo un servizo de apoio e asesoramento laboral ante a crise sanitaria
Por Redacción
Os concellos de Cuntis e Caldas de Reis, a través dos servizos de emprego, lembran que permanece activo de maneira telemática e telefónica un servizo conxunto de asesoramento e orientación laboral.
Concretamente, durante estas semanas, está a centrarse en orientar e apoiar aos veciños e veciñas que poden estar afectados por ERTES e outras situacións relacionadas pola crise provocada polo coronavirus.
É moi grande a incerteza e confusión entre as persoas desempregadas que, entre outros casos, viron interrompida a súa formación por expedientes temporais de regulación de emprego ou entre as que tiveron que cesar temporalmente a súa actividade ou negocio.
Por iso, desde os concellos animan a utilizar esta prestación totalmente gratuíta e atendida por un profesional do ámbito laboral tanto por escrito, a través do correo electrónico orientacion.laboral@concellodecuntis.es, ou chamando ao teléfono 986 532 579.
Pola súa banda, os dous alcaldes, Manuel Campos e Juan Manuel Rey, coinciden en destacar a importancia deste servizo que leva varios anos en funcionamento grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria que ascende a 25.000 euros.
Relacionadas:
-
Aumenta a demanda do servizo de orientación laboral de Cuntis, con máis de 360 entrevistas no primeiro semestre
Por Redacción |
-
A atención ao público regresa ao Concello de Cuntis aínda que só para casos urxentes
Por Redacción |
-
Cuntis proporciona axudas municipais de emerxencia social a 40 familias
Por Redacción |
-
Caldas de Reis fai seguimento dos máis de 2.500 maiores de 65 anos do municipio
Por Redacción |
-
A Xunta inxecta aos concellos diñeiro do Fondo de Cooperación Local para loitar contra o coronavirus
Por Redacción |
-
Zafarrancho de limpeza e desinfección de colectores en Caldas
Por Redacción |