Lixeiro aumento de positivos e novo descenso de hospitalizacións por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga
O número de casos activos de coronavirus segue estabilizándose na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, onde este venres hai 505 positivos confirmados, un lixeiro incremento que supón catro máis que un día antes e o mesmo número que hai dous días.
As cifras apenas variaron desde principios de semana, pero si foron descendendo o número de pacientes hospitalizados, que este venres son 36 fronte aos 40 do xoves.
Segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, este venres hai 11 pacientes que evolucionan en Unidade de Coidados Intensivos e 25 hospitalizados en planta, 2 deles no Hospital do Salnés e o resto no Hospital Montecelo, ningún no terceiro centro que está a acoller enfermos de coronavirus na área sanitaria, o Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez
Os 469 casos restantes están en seguimento e illamento no seu domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 faleceron nesta área sanitaria 12 pacientes e prescribíronse 141 altas hospitalarias. Nos últimos días, rexístranse altas a diario e nas últimas 24 horas tramitáronse cinco.
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Por agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos e realizáronse 57.400 probas PCR.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 4% do total das persoas residentes. Hai un total de 983 usuarios e 422 profesionais contaxiados e producíronse 95 falecementos en residencias e 88 en hospitais e residencias integradas. Na última xornada non se produciron falecementos en centros residenciais.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Mesmo número de afectados por coronavirus que o sábado, con 507 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Estabilidade nos datos de coronavirus na área sanitaria: 507 casos activos e 35 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
A morte dun home de 64 anos eleva a trece os falecidos por coronavirus en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Galicia fará as probas do coronavirus a 100.000 galegos para estimar a poboación "inmunizada"
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade confirma o contaxio por coronavirus de 75 sanitarios, dos que 22 se recuperaron
Por Natalia Puga |
-
Descenden os hospitalizados por coronavirus na área sanitaria e tramitan altas a 13 pacientes
Por Natalia Puga |