Zafarrancho de limpeza e desinfección de colectores en Caldas
Por Redacción
O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Caldas iniciou este xoves un plan de limpeza e desinfección dos colectores destinados á reciclaxe de vidro, envases e papel.
O programa comezou con actuacións sobre os iglús de recollida de vidro e continuará este venres coa desinfección dos colectores amarelos. As tarefas prolongaranse a próxima semana coa intervención sobre os depósitos azuis de papel e cartón.
Trátase de actuacións con periodicidade anual que xa estaban programadas, pero que se priorizaron co obxectivo de aumentar as medidas de prevención ante a alerta sanitaria provocado polo Covid-19.
Os traballos deste xoves realizounos a entidade Ecovidrio a través da empresa Ascán servizos urbanos e a desinfección e limpeza dos containers amarelos que comeza este vernes será realizada por Servizos dos Concellos Galegos SLU. Dos colectores azuis encargarase unha empresa que se concretará a semana próxima.
O proceso afectará a un total de 120 colectores de vidro, a 417 amarelos e a 116 de papel. A estes hai que engadirlle os 820 colectores verdes de Residuos Sólidos Urbanos sobre os que xa se actuou, o que suma a desinfección de 1.423 depósitos, a totalidade dos distribuídos en Caldas de Reis.
O Concello xa acometeu durante as últimas semanas a desinfección integral dos colectores verdes destinados á recolección de residuos sólidos urbanos de todo o municipio. Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel González, con este proceso Caldas de Reis convértese nun dos concellos que acometeu medidas de prevención máis ambiciosas e sistemáticas en relación coa desinfección e dos poucos que actuaron sobre a totalidade dos colectores do municipio.
Relacionadas:
-
Limpeza integral para os 820 contedores de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
A reciclaxe crece un 33 % en Caldas durante o 2019
Por Redacción |
-
Caldas de Reis fai seguimento dos máis de 2.500 maiores de 65 anos do municipio
Por Redacción |
-
Cuntis e Caldas manteñen activo un servizo de apoio e asesoramento laboral ante a crise sanitaria
Por Redacción |