Sanidade confirma o contaxio por coronavirus de 75 sanitarios, dos que 22 se recuperaron
Por Natalia Puga
O número de sanitarios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés contaxiados por coronavirus elévase xa a 75 desde o inicio da pandemia e 53 casos seguen activos a día de hoxe, xoves 16 de abril.
Segundo os datos facilitados pola directora de procesos asistenciais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Sonia Fernández- Arruty Ferro, os outros 22 sanitarios xa deron resultado negativo tras recuperarse da enfermidade e levantáronse as medidas de illamento, de modo que puideron reincorporarse aos seus postos de traballo.
Desde o inicio da pandemia, tres profesionais sanitarios de Pontevedra e O Salnés precisaron un ingreso hospitalario para tratar a enfermidade, aínda que todos eles actualmente recuperados.
Fernández-Arruty explicou, tal e como xa informaran este xoves a área sanitaria, que actualmente hai activos 501 casos de coronavirus e que desde o inicio da pandemia deron positivo un total de 649 pacientes, aínda que os 148 restantes xa están recuperados ou faleceron.
Das 12 vítimas mortais, tres estaban ingresados no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra, un estaba no Hospital do Salnés e oito no Hospital Montecelo. Estes son os tres únicos hospitais da área sanitaria que recibiron pacientes positivos desde o inicio da pandemia, pois ningún derivouse ao Hospital Provincial.
Este xoves hai 461 pacientes na área sanitaria con sintomatoloxía leve ou que non presentan apenas síntomas, de modo que están a recibir seguimento no seu domicilio por un equipo de profesionais da enfermería e a medicina que "diariamente se poñen en contacto cos pacientes para seguir a súa evolución", segundo explicou a directora de procesos asistenciais.
Ademais, hai 29 pacientes que están ingresados en planta de hospitalización dos tres hospitais da área sanitaria que acollen pacientes con dispositivos e 11, pola súa situación crítica, atópanse na Unidade de Coidados intensivos (UCI). Tan só hai pacientes con coronavirus en dependencias de UCI do Hospital Montecelo.
Desde o inicio da pandemia prescribíronse un total de 136 altas a domicilio.
Relacionadas:
-
'Eloxios, agradecementos e protección' no Día Internacional da Enfermería
Por Marisa Ciordia |
-
Proxectan unha manifestación sindical en maio para demandar medidas de seguridade para o persoal sanitario
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Concentracións para demandar probas PCR para o persoal sanitario
Por Redacción |
-
Mesmo número de afectados por coronavirus que o sábado, con 507 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Estabilidade nos datos de coronavirus na área sanitaria: 507 casos activos e 35 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Lixeiro aumento de positivos e novo descenso de hospitalizacións por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
7 de 50 traballadores de limpeza do Hospital Provincial dan positivo nos test rápidos de Covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Descenden os hospitalizados por coronavirus na área sanitaria e tramitan altas a 13 pacientes
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria conta con 61 profesionais contaxiados por coronavirus
Por Redacción |