O estado de alarma duplica o tratamento de biorresiduos nos composteiros comunitarios de Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción
Pontevedra e O Morrazo están a tratar máis do dobre de biorresiduos durante as xornadas desta etapa de estado de alarma en comparación cos meses precedentes. O persoal técnico do Plan Revitaliza que promove a Deputación de Pontevedra sinala que nalgún dos centros de compostaxe comunitaria chegou a cuatriplicarse a cantidade de lixo orgánico que deposita a cidadanía.
César Mosquera, vicepresidente provincial, afirma que o sistema de compostaxe está a funcionar "francamente ben", a pesar da situación actual de confinamento, que provocou que as persoas reciclen máis e mellor.
A subida percíbese en toda a provincia. pero especialmente en Pontevedra e O Morrazo. Segundo o persoal técnico ao permanecer a xente nas vivendas e verse obrigada a facer as comidas no domicilio incrementáronse os restos de alimentos e vexetais. Neste sentido, os residuos deposítanse perfectamente separadas, sen materiais impropios como plásticos, papeis ou latas.
Mosquera lembra á cidadanía que todos os centros de compostaxe comunitaria atópanse abertos e con persoal atendéndoos, pero recoñece que se atopan en servizos mínimos e mantéñense alerta para evitar calquera situación de tensión. En todo caso, sinalou que se está compostando ben, tal e como se expón desde as orixes de Revitaliza.
O vicepresidente da Deputación tamén apuntou que existen as máximas garantías e que a posibilidade de infección por COVID-19 é practicamente nula e, en calquera caso, moito menor que con outros sistemas.
Afirma que os centros de compostaxe se desinfectan practicamente a diario e para utilizalos só é necesario seguir as recomendacións hixiénicas habituais como o uso de guatnes, separación respecto a outras persoas e máxima hixiene.
O compost que resulta deste proceso está hixienizado, xa que o virus non resiste os 42 graos e na elaboración da compostaxe supéranse os 55 graos de forma permanente, chegando mesmo aos 80 graos.
Relacionadas:
-
A Deputación instala os primeiros centros de compostaxe do Plan Revitaliza en Marín
Por Redacción |
-
Cinco novos mestres composteiros incorpóranse a concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
O Concello instalará catro novos centros de compostaxe na Parda e Valdecorvos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- No Día da Terra felicitan á cidadanía pontevedresa "polo ben que estades compostando"
Por Oskar Viéitez |
-
Quince novos mestres composteiros incorporaranse o 15 de maio ao traballo en catorce concellos
Por Redacción |
-
A Deputación lanza un servizo de asistencia telefónica semanal para controlar os composteiros individuais
Por Redacción |
-
A Deputación garante a "xestión segura" dos centros comunitarios de compostaxe
Por Redacción |
-
Mantense o normal funcionamento dos composteiros comunitarios
Por Oskar Viéitez |