Trece dos 33 denunciados en Sanxenxo por incumprir o estado de alarma son veciños doutros municipios
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo denunciou no mes de aplicación do estado de alarma 33 persoas por incumprir a normativa, a maioría deles veciños da propia localidade, pero unha pequena porcentaxe de foráneos que estaban no municipio a pesar de non ter o seu domicilio habitual nel.
Así, 20 dos expedientes tramitados pertencen a veciños de Sanxenxo e 13 a persoas procedentes doutras localidades. Delas, oito son doutros concellos galegos e cinco de fóra de Galicia, concretamente de Burgos, Madrid e Tenerife.
Un total de 18 denuncias tiveron como protagonistas a condutores que se atopaban realizando desprazamentos sen xustificación. Ademais, houbo 14 peóns e un establecemento sancionados por incumprir o confinamento.
En total, a Policía Local leva realizados un total de 4.755 controis a coches e peóns tras decretarse o estado de alarma. Os operativos de vixilancia realizáronse nos accesos e puntos máis concorridos da localidade, algúns deles en colaboración coa Garda Civil e intensificáronse durante a Semana Santa, #ante a previsible chegada de persoas que se desprazaron ás súas segundas residencias.
Así, durante esta última semana realizáronse 3.075 controis para frear posibles desprazamentos desde outros puntos da comarca e da xeografía española.
Do total 33 denuncias formuladas, 21 foron durante a última semana, aínda que desde o Concello chaman a atención sobre o feito de que este período aumentaron o número de operativos de vixilancia.
Durante este período de Semana Santa detectouse un incremento de denuncias de particulares sobre posibles casos de incumprimentos do estado de alarma en distintos puntos do municipio, aínda que a maioría resultaron ser falsas alarmas. O 96% das comprobacións realizadas pola Policía Local non terminaron en denuncias.
En xeral, a Policía Local de Sanxenxo destaca o "bo comportamento" e destaca que, a pesar do incremento de controis durante este período, Sanxenxo mantén o nivel de denuncias por baixo do 1%.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Sanxenxo tramitou denuncias a 39 infractores das normas do estado de alarma
Por Redacción |
-
Detectan que axentes da Policía Local de Sanxenxo traballaban menos horas das establecidas por lei
Por Redacción |
-
Sanxenxo encargará máscaras para a tempada estival unha vez que todos os veciños dispoñan delas
Por Redacción |
-
Emerxencias de Sanxenxo suma 112 intervencións nos 23 días de estado de alarma
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo denuncia un veciño que saíu a tirar o lixo demasiado lonxe do domicilio
Por Redacción |
-
Telmo Martín confía en que ninguén se desprace a Sanxenxo en Semana Santa para facer uso da súa segunda vivenda
Por Redacción |
-
Pechan un ximnasio de Vilalonga que pedía aos seus clientes "entrar sen chamar ao timbre"
Por Redacción |