"Tranquilo Lores que ni esto es Master Chef ni le va a reñir Chicote"
Por Oskar Viéitez
Estaba preocupado o alcalde porque se fora a luz. Acababa de meter o polbo na pota cando a auga deixou de ferver. O xerador fallara. Cousas da tele. Non te preocupes, iso arránxano logo co photoshop!, berroulle un expontáneo tratando de animar ao rexedor.
E iso que Fernández Lores arrancara a gravación do programa de televisión con moita broma, "Voy a preparar Pulpo estilo Ons, al pulpo aquí se le llama polbo, pero con 'b' ¡eh!", bromeu coa condutora do espazo, a xornalista Begoña Tormo.
O programa Hoy cocina el alcalde instalara na praza da Ferrería a súa espectacular caravana-estudo de televisión, con todos os elementos necesarios nunha cociña.
Miguel Anxo Fernández, ao igual que están a facer outros alcaldes de España intentaba demostrar as súas habilidades culinarias no estudio móbil de Canal Cocina. Fíxoo baixo un sol de xustiza "rompendo tópicos gallegos".
Entre o sol e os vapores da cocción Lores suaba. "Esos brillos, el alcalde de Pontevedra no puede salir así por televisión", dixo a xornalista Meli Fandiño que aproveitou unha pausa na gravación para advertir do detalle ao alcalde máis preocupado porque "o polbo vaime quedar duro".
"Tranquilo alcalde que ni esto es Master Chef, ni le va a reñir Alberto Chicote", bromearon.
Para compensar a espera o Fernández Lores repartiu uns aperitivos entre o público.
Este é o video da gravación do programa feito por Jose Luis Garcia Tuñón e colgado na súa web Pontevedra para el Mundo.