Pontevedra recibe do Goberno 210.000 máscaras para os seus traballadores
Por Redacción
A partir deste luns volverán ao traballo miles de persoas, todos eles de servizos non esenciais e que estiveron de permiso retribuído a última semana. Para reforzar a súa protección ante o coronavirus, o Goberno enviou material a Galicia.
Así, o executivo central entregou 602.000 máscaras que empezarán a distribuírse nos principais puntos da comunidade autónoma para aquelas persoas que teñan que desprazarse para traballar e sexa máis complexo manter a distancia de seguridade.
Desta remesa, un total de 210.000 unidades serán para a provincia de Pontevedra, segundo informou a Delegación do Goberno en Galicia.
Desde Sanidade, en todo caso, recomendan o uso destas máscaras a traballadores que non poidan teletraballar nin desprazarse en vehículo particular, en bicicleta ou a pé e teñan que utilizar medios de transporte público nos que haxa unha importante afluencia de persoas.
As máscaras estarán dispoñibles exclusivamente para aquelas persoas que teñan que desprazarse aos seus postos de traballo en sistemas de transporte nos que sexa máis complicado manter a distancia de seguridade.
A repartición de máscaras realizarase por parte de efectivos e voluntarios de Protección Civil coa colaboración das forzas e corpos de seguridade do Estado, incluído a policía local.
Ademais, de forma paralela, reforzarase a presenza de axentes das forzas e corpos de seguridade nas estacións de autobuses e trens para garantir que os movementos da poboación sexan só os permitidos polo decreto de estado de alarma.
Relacionadas:
-
A repartición de máscaras chega a estacións e paradas de transporte público de Pontevedra
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
É luns e debo volver a traballar, como debo comportarme?
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez prevé unha desescalada "progresiva e cautelosa" en dúas semanas "como pronto"
Por Alejandro Espiño |
-
O persoal de loita contra os incendios desinfecta 160 centros de saúde e residencias en tres semanas
Por Redacción |
-
O Concello de Poio continúa coa repartición de material de protección aos colectivos máis expostos
Por Redacción |
-
Envían novo material de protección ante o coronavirus a 65 centros sociais de Pontevedra
Por Redacción |