Hostaleiros e comercios de alimentación vilagarcianos doan comida para persoas en risco
Por Oskar Viéitez
O Concello de Vilagarcía quere agradecer publicamente as mostras de solidariedade de empresas, comercios, hostaleiros, Organizacións Non Gubernamentais e particulares que dende o inicio do estado de alarma se ofreceron para axudar en todo o posible para loitar contra a pandemia e, sobre todo, chegar a aquelas persoas e familias máis vulnerables.
Os ofrecementos abranguen moitos aspectos: dende a cesión de vehículos das súas propias empresas ata locais, pasando pola doazón directa de máscaras, xeles ou luvas. Tamén houbo quen ofreceu casetas e ata baños químicos, bombas de calor e mesmo hidrolavadoras de alta presión.
Unha empresa se ofreceu, igualmente e de feito o está facendo dende o principio, a lavar os uniformes da policía local, e hai quen está disposto a deixar o seu tractor para a limpeza de rúas, de ser necesario.
Pola súa banda, particulares confeccionan máscaras practicamente dende o primeiro día. A relación de doazóns crece día a día e a nómina de empresas, comercios e hostalería tamén.
Neste sentido, non son poucos os que doaron lotes de alimentos ou comida xa elaborada para as familias máis necesitadas. Neste eido, destacan Eroski City, Café-bar Andaina, Bar Novo Batel, Pizzería Dómino’s, a tenda de polos asados da praza de Abastos, La Metro, Telepizza, Paco&Lola e Arousa SC.
Entre as empresas e comercios que puxeron os seus vehículos, servizos ou locais a disposición do Concello figuran Baygar, Kemegal, Bar Laxes, Metralla, Moblería O Rastro, Musical Duende, Lavandería La colada Premium, Tambo Motor, Motos SQM.
AXUDA A DOMICILIO
Por outra banda, é preciso subliñar a labor de ONGs e asociacións do máis diverso tipo, cuxos voluntarios están sendo fundamentais para desenvolver accións tan importantes como o reparto domiciliario de alimentos e medicinas e de material educativo entre aquelas familias que non dispoñen de internet na casa, as xestións diarias (baixar o lixo, ir a correos, etcétera), a posta en marcha do albergue de Fexdega, a habilitación do aloxamento na residencia dos Claretianos ou a continuidade do comedor social.
Entre esas ONGs e asociacións que colaboran co Concello destacan Cáritas, Cruz Vermella, Arousa Moza, O Soño de Lilith, Asociacion Xefes e Mandos Policia Local Galicia.
Por último, diversos particulares e a Asociación Stop Coronavirus se ofreceron para confeccionar máscaras.
A todos eles, o goberno local quere agradecerlles publicamente a labor que están desenvolvendo e o mero feito de ofrecer as súas pertenzas e o seu tempo, malia que nalgúns casos aínda non foi necesario utilizalos, "porque expresan a vitalidade e solidariedade dunha sociedade como a vilagarciá".
Relacionadas:
-
Vilagarcía suspende o ClasClás ata 2021 pola crise do coronavirus
Por Redacción |
-
O Concello de Vilagarcía planifica a súa volta á actividade de forma gradual a partir do luns próximo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A falta de comida familiar, benvido sexa un videoclip
Por Natalia Puga |
-
Vilagarcía utilizará a residencia dos Pais Claretianos como aloxamento alternativo para familias
Por Oskar Viéitez |
-
Cen días de prisión para un veciño de Vilagarcía que incumpriu catro días o confinamento
Por Natalia Puga |