Tres menores entregan parte da súa Pascua á Policía Nacional para darlle as grazas "por cuidarnos"
Por Natalia Puga
"Muchas gracias por cuidarnos". Este é a mensaxe que acompañou este Venres Santo un agasallo moi especial que recibiron os axentes dun vehículo ' Z' da Policía Nacional que patrullaba pola rúa Loureiro Crespo. Un pai entregoulles unha rosca de parte dos seus fillos en sinal de agradecemento polo seu traballo durante a crise sanitaria do coronavirus.
Eugenia, Claudia e Pablo asinaron a caixa na que ía a rosca, na que tamén escribiron a súa dedicatoria de agradecemento para deixar constancia da súa opinión sobre os policías pontevedreses.
O pai dos menores achegouse a vehículo policial e trasladoulles que os seus fillos querían compartir unha das súas roscas de Pascua coa policía, un detalle que supuxo un bo 'xute' de ánimo para os axentes da Comisaría de Pontevedra.
Os nenos teñen, segundo puido saber PontevedraViva, entre 10 e 13 anos.