Arranca a Festa do Albariño en Cambados
Por Oskar Viéitez
Corenta e catro adegas concorren dende este mércores e ata o domingo na 61 edición da Festa do Albariño de Cambados.
Dende primeira hora da mañá foron abrindo as casetas no paseo da Calzada, sen a presenza de autoridades, polo tanto, sen corte da fita inaugural.
Ata as doce desta noite o Concello de Cambados suspendeu os actos lúdicos con motivo do loito oficial imposto polo accidente ferroviario de Santiago.
Será polo tanto a partir de media noite cando a música empece a soar en Cambados da man de Roi Casal, que ofrecerá un concerto na praza de Fefiñáns.
O bulicio e a ledicía volverán o xoves á festa, que programa para esta cita a apertura ás 11.00 horas do Túnel profesional do Viño no salón de congresos José Peña.
Ademais Omar Percussion Group actuará na Calzada, e ás 22.00 horas, as orquestras D'Tacón e Lembranza amenizarán a verbena.
Simultáneamente na praza de Fefiñáns desenvolverase a décimo sexta edición da Gala do Albariño.
Relacionadas:
-
200.000 visitantes e 90.000 botellas de viño vendidas consolidan a Festa do Albariño
Por Redacción |
-
O túnel do viño abre as súas portas ata o domingo con 114 marcas de Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Roi Casal abre as Festas do Albariño o día 31 de xullo ás doce da noite
Por Oskar Viéitez |
-
Luis del Olmo entrégase á vieira e abre o seu fin de semana grande en Cambados
Por Redacción |
-
Chenoa e David Civera únense a Julieta Venegas no cartel das Festas do Albariño
Por Alejandro Espiño |