A Xunta reactiva a tramitación das obras no Tramo de Concentración de Accidentes de Bueu
Por Oskar Viéitez
A obra de reforma no Tramo de Concentración de Accidentes (TCA) de Bueu, orzada en preto de 1,2 millóns de euros, foi declarada polo Consello de la Xunta como "esencial", polo que a Consellería de Infraestruturas reactivará os trámites administrativos para a súa adxudicación.
A mesa de contratación propuxera adxudicala a Construciones Taboada y Ramos por un importe de 933.592 euros.
O Tramo de Concentración de Accidentes de Bueu, na estrada PO-551, está comprendido entre Lapamán e o centro do municipio.
Nos próximos días procederase a adxudicar formalmente o contrato, depósito de avais e demais trámites previos, como o levantamento das actas previas para a ocupación dos terreos para expropiar, aínda que este é un trámite presencial polo que deben acudir os propietarios dunha trintena de propiedades afectadas.