A Policía Local de Poio ten identificados 15 veciños reincidentes en incumprir o estado de alarma
Por Natalia Puga
Desde a entrada en vigor do estado de alarma para frear o avance do coronavirus o pasado 14 de marzo, a Policía Local de Poio impuxo 164 denuncias por incumprimentos da normativa e as súas restricións de desprazamentos e ten contabilizados 15 reincidentes neste comportamento.
Segundo o balance facilitado polo Concello de Poio, de media, a Policía Local realiza oito denuncias diarias por incumprir o estado de alarma.
Diariamente os axentes municipais controlan arredor de 60 persoas e 150 vehículos, aínda que compre destacar que nos últimos días, coincidindo coa Semana Santa, incrementáronse as vixilancias para controlar que non se producen desprazamentos para acudir a segundas residencias durante estes días de vacacións.
En relación con estes desprazamentos a segundas residencias, a Policía Local ten constancia de movementos nocturnos nas zonas de Raxó e Covelo.
Ademais do traballo en solitario da Policía Local, estas semanas estanse a potenciar actuacións conxuntas con outras Forzas de Seguridade. Este mesmo xoves realizouse un control de tráfico na rotonda da Barca no que participaron efectivos da Policía Local de Poio e da Garda Civil de Tráfico.
Estes controis realízanse para constatar que os desprazamentos que fan os vehículos están debidamente xustificados, entre os que non se inclúen desprazamentos a segundas vivendas. Durante estes días festivos continuarán desenvolvéndose máis controis.
Relacionadas:
-
Dous policías locais feridos a pedradas ao ser atacados no poboado do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local de Poio sancionou a 44 persoas que tentaron saltarse o confinamento durante a Semana Santa
Por Redacción |
-
Poio reparte máis de 20.000 máscaras de protección entre a veciñanza
Por Redacción |
-
Sorprenden dúas mozas que levaban varios días entrando nunha finca da Puntada para beber alcohol
Por Redacción |
-
Investigan penalmente un pontevedrés por quebrantar reiteradamente as normas de confinamento
Por Oskar Viéitez |
-
Unha veciña de Poio denuncia o roubo de froita, hortalizas e material de labranza
Por Redacción |
-
Multan un matrimonio de Ourense que viña "de vacacións" a Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Intensifican os controis en Poio para evitar a chegada de turistas na Semana Santa
Por Redacción |