Só seis Erasmus de Pontevedra regresaron a casa pola crise do coronavirus
Por Redacción
Dous novos estudantes que estaban de Erasmus en Italia, concretamente nas cidades de Venecia e Verona, regresaron a casa pola crise do coronavirus. Desde que se decretou o estado de alarma no noso país, outros catro mozos regresaron a Pontevedra: dous desde Italia, un desde Portugal e outro desde Irlanda.
Con estes regresos, dos 35 estudantes de FP con bolsas en Europa un total de 29 decidiron seguir de momento nos seus países de estadía.
Segundo informa a Deputación, que está a coordinar co Goberno a repatriación voluntaria á provincia dos estudantes que solicitaron a volta a España, once seguen en cidades de Italia, seis en Portugal, catro en Malta, dous en Finlandia e seis en Irlanda.
Todos estudan ciclos medios de Conservación de medio natural, Produción agroecolóxica, Telecomunicacións, Actividades comerciais, Xardinería e Florería, Xestión Administrativa, Electromecánica, Acuicultura, Actividades físico-deportivas, Sistemas microinformáticos e redes, Coidados de Enfermería ou Instalacións eléctricas e automáticas.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou o "agradecemento" a todos os estudantes pola "lección de serenidade e responsabilidade" que dan nestes momentos, ao igual que as súas familias, "a pesar das dificultades lóxicas que estamos atravesando".
O proceso de repatriación voluntaria está a ser coordinado pola Deputación co Goberno de España ao través do Ministerio de Exteriores e o de Universidades que están a organizar os voos e a garantir a seguridade e a protección de todos os participantes nestas bolsas europeas.
Desde o inicio da crise sanitaria, a institución provincial mantén o contacto e seguimento diario do alumnado a quen, amais, se lles transmite toda a información puntual das medidas de contención en cada país europeo así como a organización das repatriacións para facilitar a volta daqueles estudantes que así o requiran.
Relacionadas:
-
RADIO.- Desde El Salvador a Pontevedra para facer un mestrado en tempos de pandemia
Por Marisa Ciordia |
-
Andrés e Mencía, dous estudantes pontevedreses que viven a pandemia fóra do país
Por Alejandro Espiño |
-
A Deputación e a Universidade de Vigo renovan o convenio para complementar as bolsas do programa Erasmus+
Por Oskar Viéitez |
-
Un cento de alumnos fará prácticas en países europeos cun programa da Deputación
Por Redacción |