O ladrón que entra por unha porta do xulgado e sae pola outra
Por Natalia Puga
O mozo de 18 anos A.P.C, coñecido en ambientes policiais como 'O Ilustrísimo' e con abundantes antecedentes nos últimos meses, está de novo en liberdade despois de que o luns fora detido por roubo, quedara libre e, de madrugada volvera ser arrestado por un novo delito. Por este roubo tamén quedou libre.
O rapaz está xa afeito a saír pola porta do xulgado detido e saír pouco despois en liberdade. Acumula antecedentes dende que é menor de idade e se repite esta situación dende entón, a pesar de que antes dos 18 anos xa estivo no centro de menores Avelino Montero.
Ao longo da xornada do martes pasou a disposición xudicial por un roubo nun bar dos Praceres de madrugada e, de novo, foi posto en liberdade con cargos.
Non é nada novo no seu historial, pero chama a atención porque entre a tarde do luns e a madrugada do martes foi detido dúas veces e entre o luns e o martes quedou en liberdade xudicial dúas veces.
Relacionadas:
-
Entrevista exclusiva a "O Ilustrísimo", o mozo ladrón pontevedrés: "Desde antes de los 14 años vivo solo y tengo que robar para comer"
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Piden unha tapa de polbo, non a pagan e levan 550 euros e un móbil
Por Natalia Puga |
-
O Ilustrísimo suma a súa detención número 24 con só 18 anos
Por Natalia Puga |
-
Rouba, detéñeno, sóltano e volve roubar. Dúas veces nun día
Por Redacción |