Buscan un home que abandonou unha cadela recén parida ante o Refuxio de Cambados
Por Redacción
Dende o Refuxio de Animais de Cambados deron a voz de alarma a través das redes sociais para intentar localizar o home que abandonou a unha cadela recén parida ante o recinto da protectora. A cadela abandonada tivo que ser operada tres días máis tarde debido a unha infección uterina e corría perigo a súa vida. Dende a protectora reclaman que calquera persoa que poida facilitar información sobre este home, o comunique aos responsables da asociación protectora.
Unha vez que a cadela recuperouse da operación, dende o Refuxio decidiron denunciar o home que abandonou ao animal. Os responsables da protectora denuncian que se encontran desbordados. Nas últimas 48 horas entraron 19 cans máis no Refuxio e, desta forma, chégase á cifra de 90 animais dentro das instalacións. Moitos dos cans encóntranse enfermos. Por este motivo, alertan da necesidade de axuda económica para afrontar a actual situación ademais de luvas, doxiciclina, auga osixenada, vacúas, suturas, empapadores e todo aquel material que poida servir de axuda para as actividades do Refuxio.
Ademais, solicitan que os interesados en ter unha mascota acudan ás instalacións e asuman unha adopción responsable para que non se produzan máis abandonos.
Vídeo do Refuxio de animais de Cambados