Protección Civil de Cambados ficha á Patrulla Canina
Por Oskar Viéitez
Protección Civil de Cambados incluíu as celebracións dos aniversarios entre as súas tarefas diarias. A última novidade foi a incorporación a esta grata iniciativa de dous personaxes da Patrulla Canina.
Grazas á colaboración da tenda Mundo Máxico, dous voluntarios da agrupación vístense estes disfraces e regalan unha bonita sorpresa. Este luns foi a Paula unha nena que cumpría 6 anos.
En Protección Civil de Cambados están dispostos a felicitar a todos os menores de 12 anos que fagan falta. Para iso hai que mandar unha mensaxe privada á súa conta de Facebook facilitando unha serie de datos de contacto.
Non soamente na vila do albariño ten en marcha esta actividade, tamén os seus compañeiros de Protección Civil de Vilagarcía felicitan os aniversarios aos veciños máis novos.