A residencia do CGTD, de aloxar bombeiros nos incendios de 2006 a reforzo na loita contra o coronavirus
Por Diego Espiño
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), concretamente a súa residencia, é a opción que baralla a Consellería de Sanidade para aloxar pacientes de coronavirus na fase final da súa recuperación no caso de que os centros hospitalarios véxanse desbordados, tras descartarse o posible uso do Hospital Naval de Marín.
Esta residencia, antigamente ligada ao colexio Atlántico antes do da reconversión do Estadio da Xuventude como centro de alto rendemento deportivo, está xa preparada para o uso que se lle queira dar en plena crise, como xa sucedeu no ano 2006. Por aquel antón o centro deu acubillo a bombeiros que participaban no dispositivo de extinción dos importantes incendios forestais que azoutaron boa parte de Galicia. Agora, 14 anos despois, a emerxencia é outra ben distinta.
"Nosotros nos adelantamos", explica o director do CGTD, Jesús López, pois antes de que se pensase se queira na opción de recorrer ás súas instalacións e "como ya se había utilizado en 2006 para los bomberos, aprovechamos para limpiar toda la residencia por si hiciese falta". Iso si, recoñece que "no estábamos pensando en enfermos, estábamos pensando más a lo mejor en personal sanitario".
Por ese motivo procederon a retirar a roupa dos deportistas que quedaba nos cuartos e a desinfectalos a fondo, incluídos os baños "que é o que adoitamos facer sempre ao final de tempada".
Desta forma as instalacións están preparadas para o seu uso inmediato se fixese falta, é dicir, se os centros hospitalarios da cidade quedan sen camas dispoñibles polos efectos da pandemia do COVID-19. Nese caso o CGTD podería recibir a medio cento de enfermos.
A residencia conta con 56 habitacións (48 dobres e 8 individuais), todas elas con baño propio, pero a intención sería usalas cun só paciente por cuarto. Ademais, poderíanse utilizar as zonas comúns do edificio para almacenar material sanitario e o comedor para o uso do persoal sanitario. Todo iso en pleno centro da cidade.
Trátase simplemente dun plan B avanzado entre a Consellería de Sanidade e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, de quen depende unhas instalacións nas que se forman as grandes esperanzas do deporte galego e do que saíron 11 medallas olímpicas desde Sydney 2000. Con todo vencer ao coronavirus converteríase na súa medalla máis celebrada.
Relacionadas:
-
O persoal da loita contra os incendios únese á batalla contra o coronavirus
Por Redacción |
-
O BNG de Marín critica a Defensa por estar "de costas ao pobo" e negar a cesión do antiguo Hospital Naval
Por Redacción |
-
O Sergas non poderá derivar pacientes ao antigo Hospital Naval de Marín en caso de colapso, pero si ao CGTD
Por Natalia Puga |
-
"A mediados de abril teremos o pico de hospitalización e sobre o 20, o pico de UCI"
Por Natalia Puga |
-
O Hospital Naval de Marín, unha "alternativa" para 100 pacientes leves de coronavirus en caso de colapso
Por Natalia Puga |