Bueu, O Grove e Ribadumia contratan traballadores co Plan Concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar a novena concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego coa que os concellos da provincia reciben a financiación necesaria para poder contratar traballadores municipais.
En concreto aprobouse unha achega de 1,2 millóns de euros que beneficiarán, entre outros, aos concellos de Bueu, O Grove e Ribadumia.
Para Bueu, a Deputación fai unha achega de 132.262 euros coa que poderán contratar a 9 persoas: 1 arquitecto, 1 delineante, 1 oficial de albanelería, 1 de cantería, 1 de carpintería, 1 de fontanería e 2 de xardinería, e 1 peón de obras.
No caso do Grove, que recibe unha achega de 179.090 euros, contratará a 19 persoas: 1 carpinteiro, 9 peóns de obras públicas, 3 forestais e 2 de xardinería, 1 auxiliar administrativo, 1 condutor, e 2 auxiliares de cultura.
O concello de Ribadumia recibe unha achega de 106.310 euros coa que poderá contratar a 12 persoas: 2 oficiais ou oficialas de albanelería, 1 limpiador, 2 mozos de recollida de lixo, 1 condutor de camión, 1 peón de obras públicas, 2 de albanelería, 1 de fontanería, 1 de carpintería e 1 de electricidade.
A selección deste persoal faise desde os concellos, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020. Co Plan Concellos 2020, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes 42,2 millóns de euros. En concreto para a Liña 3 de emprego achega 9,5 millóns de euros.