O xefe da Policía Local de Pontevedra deu positivo por coronavirus
Por Oskar Viéitez
O xefe da Policía Local de Pontevedra, Ángel Ruibal, deu positivo por coronavirus.
A concelleira de Seguridade Cidadá no Concello de Pontevedra, Eva Vilaverde, informou do contaxio do intendente xefe que supón o primeiro positivo entre os traballadores municipais.
Eva Vilaverde compareceu diante dos medios de comunicación por videoconferencia para dar conta dos asuntos abordados na sesión ordinaria da xunta de goberno local que, por primeira vez, se celebrou por vía telemática.
A edil nacionalista detallou que desde que foi decretado o estado de alarma Ángel Ruibal estaba a desempeñar o seu traballo desde un despacho fóra da xefatura. Adoptouse esta decisión por motivos de seguridade, garantindo que non tivese contacto cos demais compañeiros para minimizar a posibilidade de contaxios entre os axentes.
Tampouco participou en ningunha acción na rúa, polo que se descarta que o contaxio produciuse no transcurso dalgún operativo.
A día de hoxe "non presenta síntomas e atópase ben", comentou a concelleira.
Ángel Ruibal atópase illado no seu domicilio pasando unha corentena e está a ser substituído nas súas funcións de intendente xefe por José Manuel Duarte.
Relacionadas:
-
Nomean a José Manuel Duarte como novo xefe da Policía Local de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez, portavoz do PP local, dá positivo por coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Ángel Ruibal asume as rendas da Policía Local de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Macenlle, Gómez Viñas e González Abal, novos directores xerais do Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |