Medios terrestres e aéreos sufocan un incendio en Cerponzóns, o primeiro do ano en Pontevedra
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Medios terrestres e aéreos da Consellería do Medio Rural tiveron que desprazarse este sábado ata a parroquia pontevedresa de Cerponzóns para sufocar o primeiro lume do ano no municipio. Trátase dun incendio iniciado nunha zona de arboledo poucos minutos despois das sete da tarde.
Segundo a información facilitada por Medio Rural, tiveron coñecemento do lume ás 19.09 horas deste sábado e, para extinguir as lapas, mobilizáronse un axente forestal, catro brigadas, unha motobomba e un helicóptero.
Medio Rural indicou que o lume quedou controlado hora e media máis tarde, ás 20.38 horas deste sábado, despois de queimar 0,8 hectáreas de arboledo.
Fuentes veciñais indicaron que o lume se iniciou nunha zona próximo ao paso do Camiño Portugués, entre os lugares de Leborei, Castrado e Cunchido, e que se trata dun lume presuntamente intencionado.
Dende o pasado 16 de marzo, e a raíz da activación do estado de alarma pola emerxencia sanitaria do coronavirus, non está permitida a realización de queimas en terreos agrícolas, forestais ou naqueles situados en zonas de influencia forestal. A medida estará activa ata novo aviso.