Reconstrúen en 3D o antigo castelo de Monte Lobeira
Por Aitana Vidal
Numerosos veciños achegáronse ata a Casa de Cultura de András en Vilanova de Arousa para comprobar o resultado da reconstrución en 3D da antiga fortaleza alto medieval que estaba situada no Monte Lobeira.
Este proxecto iniciárase por un equipo de arqueólogos do Laboratorio de patrimonio do Centro Superior de Investigacións Científicas sobre as investigacións realizadas polo arqueólogo Vicente Caramés que descubriu o depósito do Monte Lobeira. A partir de aí, escaneouse a zona e realizáronse estudos xeográficos con novas tecnoloxías. Destes traballos elaborouse unha proxección que recolle a estrutura que tiña o castelo e a antiga fortaleza que se encontraba nesa zona.
Durante a presentación que correu a cargo do arqueólogo provincial Rafael Rodríguez que explicou a campaña divulgativa que se vai desenvolver a partir de agora para difundir estes depósitos a través de nova tecnoloxía e teléfonos intelixentes.
Ao acto acudiron o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.