Tonucci apela ao "xogo libre" como método para que os nenos superen a corentena
Por Redacción
A Deputación distribúe entre os concellos un vídeo do pedagogo italiano Francesco Tonucci, colaborador do ente provincial e un dos principais valedores do modelo urbano pontevedrés en Europa, para axudar aos máis pequenos da casa para soportar a corentena a través do "xogo libre".
O educador anima a pais e avós a "inventar" e a lembrar como pasaban eles o tempo libre na súa mocidade para adaptar esa forma de entretemento aos tempos actuais. Non descoidar a relación cos amigos, aínda que sexa a través do uso das novas tecnoloxías é outro dos seus consellos.
Aproveitar o tempo no domicilio para "aproveitar a casa" e descubrir cousas novas por exemplo "como funciona a lavadora, como se cose un botón ou de onde vén a auga", son métodos para ter entretidos a péquelos.
Escribir un diario no que reflectir as súas emocións, segredos, temores ou aburrimentos pode servir tamén como terapia, entretemento e construír recordos para anos vindeiros. A lectura diaria como "pracer, reto ou fortuna", recoméndaa tamén a todos os membros da familia, mesmo en grupo a modo de representación teatral.
A filosofía de Franceso Tonucci de deseñar cidades á medidad de nenas e nenos para que poidan ser gozadas polo resto de persoas é unha das liñas filosofais de actuación da Deputación de Pontevedra, que ten sinalado como primeiro eixo das súas actuacións porner ás persoas en primeiro plano á hora de realizar melloras urbanas e obras en estradas.
Relacionadas:
-
Pontevedra, invitada a un encontro pola reconstrución das cidades organizado por Al Gore
Por Redacción |
-
Un blogue con actividades e rutinas para facer máis levadío o confinamento
Por Redacción |
-
A Pontevedra deserta polo coronavirus
Por Diego Torrado & Alejandro Espiño |
-
Contos virtuais para entreter os máis pequenos durante a corentena
Por Alejandro Espiño |