Ornitoloxía contra o aburrimento
Por Redacción
#AvesDesdeCasa é a iniciativa posta en marcha pola Deputación en colaboración con SEO Birdlife para combater o aburrimento nestes días de confinamento nos fogares. Para facer máis levadías as xornadas propoñen ás familias un enriquecedor xogo consistente en animar aos pequenos a poñer en marcha un caderno de campo no que debuxar as especies de aves que avistan desde as súas xanelas e compartilas logo nas redes sociais.
Para facilitar a observación, a institución provincial editou unha ilustración para conoer as especies máis comúns que se poden observar nestas datas na Pontevedra.
Está demostrado que a conexión coa natureza ten un papel relevante no benestar das persoas. Con esta premisa, animan a rexistrar os paxaros que sobrevoan as nosas cidades e aldeas entre os que se atopan gorrións, tórtolas, gaivotas, pombas torcaces, estorniños, andoriñas e moitas máis especies.
Debido á escasa actividade humana, as aves están a ocupar prazas e rúas de todos os pobos. Unha situación que facilita a súa observación e tamén escoitar o seu canto e sons para buscar parella, pois na primavera moitas especies inician a súa etapa de reprodución.
Relacionadas:
-
Non é unha invasión, os animais salvaxes xa estaban aquí
Por Manu Otero |
-
Cando cansas de ver Netflix e decides pintar a vivenda en tempos de confinamento
Por Anxo Lourido |
-
Un blogue con actividades e rutinas para facer máis levadío o confinamento
Por Redacción |
-
"Viaxa Mañá", campaña da Deputación para atraer turistas despois da corentena
Por Redacción |
-
E que comen agora as pombas e gaivotas de cidade?
Por Manu Otero |