Trasladan ao Hospital do Salnés a unha muller ferida nunha colisión entre dous turismos en Cambados
Por Redacción
Os servizos de Emerxencias do Concello de Cambados tiveron que intervir durante a tarde deste mércores 1 de abril ao rexistrarse un accidente de tráfico entre dous vehículos no cruzamento entre a avenida de Vilariño e a avenida do Salnés.
Como consecuencia do impacto entre os dous turismos, unha muller que conducía un dos vehículos, que responde as iniciais M.E.S., de 48 anos de idade, resultaba ferida e era trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés con dor cervical e traumatismo no xeonllo dereito.
A Policía Local de Cambados instrúe dilixencias sobre este accidente, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias.