A Policía Local de Poio pon 110 denuncias por incumprir o estado de alarma
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio leva atendidas unhas 1.300 chamadas telefónicas relacionadas coa crise do coronavirus.
Segundo informou o xefe da Policía Local, Antonio Duarte, a maioría son consultas de traballadores que preguntan as súas dúbidas sobre os desprazamentos ao lugar de traballo.
Duarte agradeceu as chamadas de veciños preocupados pola situación dalgunha persoa maior que ven desatendida ou que entenden que pode necesitar de axuda. Desde a Policía Local tamén destacaron o labor que desenvolven os voluntarios da Agrupación de Protección Civil.
Ata a data os axentes municipais puxeron 110 denuncias por incumprir o estado de alarma e delas cinco son a persoas que reincidiron na súa desobediencia. "De momento non temos detidos pero se seguen incumprindo procederemos á facer detencións", advertiu Duarte.
Ademais a cifra de vehículos controlados supera os 3.500 e suman máis de 700 identificacións de persoas que se atopaban na vía pública.
"O número de denuncias é moi baixo", valorou o xefe da Policía Local que agradeceu o "comportamento exemplar" da cidadanía do municipio durante estes días nos que houbo "moi poucos conflitos privados", con incidencias menores como pode ser "algunha chamada por ruídos ou molestias".
Relacionadas:
-
Poio avanza na desinfección de zonas sensibles do municipio
Por Redacción |
-
Restricións para peóns na Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez |
-
Poio reparte máscaras entre o sector do pequeno comercio do municipio
Por Redacción |
-
Máis denuncias: un veciño de Pontevedra paseando o can por Lourido e un home pola rúa para coller wifi
Por Oskar Viéitez |