Ence traballa "intensamente na prórroga da concesión da biofábrica de Pontevedra ata 2073"
Por Redacción
A pesar de ser 2019 un ano "moi esixente", Ence pechou o pasado exercicio reforzada nos seus tres negocios: celulosa, enerxía e forestal. "Os investimentos realizados e o esforzo operativo dos últimos meses empezaron a dar os seus froitos", dicía o presidente da compañía Ignacio Colmenares na Xunta Xeral de Accionistas celebrada este 31 de marzo, vía telemática, dadas as condicións que impón a crise sanitaria. Sesión na que ademais saíu reelixido na devandita responsabilidade.
A conxuntura global provocada polo COVID19 estivo presente tamén na súa intervención sinalando que "pode haber algúns cambios nas nosas previsións", pero o esforzo realizado "é unha sólida base para encarar este exercicio coa maior seguridade posible", aínda que "o primeiro é superar as consecuencias que está a traer consigo a crise sanitaria mundial".
Os obxectivos que se fixaron para os anos son: crecemento, diversificación e sustentabilidade en todas as súas actividades. En referencia á factoría situada nesta capital, Colmenares dicía que se "traballa intensamente na defensa da prórroga da concesión da biofábrica de Pontevedra ata 2073". A perspectiva enerxética pasa por manter o crecemento e a diversificación cara á enerxía fotovoltaica e a hibridación.
De igual forma, Colmenares avanzou á Xunta Xeral que se achegarán "ás comunidades coas que convivimos para contribuír ao seu benestar, para avanzar cara á excelencia en sustentabilidade e para xerar valor e rendibilidade para os nosos accionistas".
Relacionadas:
-
Traballadores de Ence mobilízanse contra a Lei do Cambio Climático que pechará a fábrica no 2033
Por Manu Otero |
-
Ence pecha o primeiro trimestre con 12 millóns de euros de perdas
Por Redacción |
-
Ence e Kartogroup doan 24 toneladas de material sanitario a centros hospitalarios de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Goberno endurece o illamento e suspende todas as actividades "non esenciais"
Por Alejandro Espiño |
-
Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
Por Noticia patrocinada |