Novas propostas para os máis pequenos con 'A escola infantil na casa'
Por Redacción
Neste tempo de confinamento xorden moitas ideas para que os menores poidan continuar coas súas actividades de formación. No caso dos máis pequenos, a aportación das familias é fundamental. Para todos eles, nace o blog colaborativo 'A escola infantil na casa'.
Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos e a diversas actividades para entreter aos seus fillos, para que continúen aprendendo durante esta etapa na que toca quedar na casa.
'A escola infantil na casa' irase nutrindo con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.
O blog ofrece tres categorías de contidos: recursos para as nenas e os nenos, acompañando ás familias e compartindo experiencias cos equipos. Ademais, tamén conta cunha canle de Youtube, aínda en desenvolvemento, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través de vídeos explicativos.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio vixía que ninguén se quede sen acceso á educación por falta de recursos
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas Kids, unha comunidade virtual para que os nenos compartan propostas creativas
Por Redacción |
-
Sogama amplía o seu programa ‘Caderno Verde’ con actividades para facer na casa
Por Noticia patrocinada |
-
Contos virtuais para entreter os máis pequenos durante a corentena
Por Alejandro Espiño |