O 'ferrollo' polo coronavirus frea as obras do colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns e o Priorado de Arra
Por Redacción
A paralización de todas as actividades non esenciais a partir deste luns que aprobou o Goberno central no marco do estado de alarma para frear o coronavirus xa deixou notar o seu impacto en Sanxenxo. Tras darse a coñecer a medida, que xa se bautizou como 'cerrojazo' ('ferrollo', en galego), o Concello anunciou o freo a obras importantes no municipio.
Así, freouse a construción do novo colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns, a última fase do Priorado de Arra, o Skate Park, a senda da PO-308 ao seu paso por Major e ata Portonovo e pequenas obras de saneamento en marcha en varias zonas do rural.
A paralización obrigou a reducir a un 12% os servizos municipais e incrementou o teletraballo. Tan só mantéñense sen ningún tipo de redución a Policía Local, o Servizo de Emerxencias, Servizos Sociais, Limpeza e os servizos de Abastecemento e Saneamento.
Este endurecemento das medidas para frear o Covid 19 tamén supuxo o peche da oficina de Nauta, que ata o de agora se mantiña con atención telefónica. Tan só manteranse o control e vixilancia dos pantaláns do porto e o funcionamento do aparcadoiro, aínda que cunha redución no persoal.
O persoal da oficina de Medio Ambiente en Vilalonga, o Pazo de Emilia Pardo Bazán e a área de Urbanismo tamén se viron afectados polo decreto. As oficinas de Insula, situadas no polígono de Nantes, e de Terra de Sanxenxo están pechadas.
Relacionadas:
-
Avanza a recuperación do exterior do Pazo de Quintáns cun investimento por riba dos 600.000 euros
Por Redacción |
-
Remata a rehabilitación do Priorado de Arra
Por Redacción |
-
A rehabilitación do Priorado de Arra concluirá a finais de xuño
Por Redacción |
-
O Pazo de Quintáns recupera a súa emblemática galería
Por Redacción |
-
Sanxenxo inclúe os contedores de lixo nas tarefas de desinfección
Por Redacción |
-
Pechan un ximnasio de Vilalonga que pedía aos seus clientes "entrar sen chamar ao timbre"
Por Redacción |