Moraña entrega materiais de protección aos seis taxistas do municipio
Por Redacción
O Concello de Moraña segue a poñer en marcha novas iniciativas no marco da crise sanitaria do coronavirus e nas últimas xornadas distribuíu os equipos de protección individual (EPI ́s) facilitados pola Xunta de Galicia entre distintos colectivos do municipio en situación de risco de contaxio ou transmisión do coronavirus.
Nesta liña de traballo, fixo entrega de varios lotes de luvas e máscaras aos seis taxistas que operan no municipio.
Ademais, activouse un gabinete de atención psicolóxica para aqueles veciños que o precisen por mor do confinamento destas semanas ou de calquera circunstancia derivada desta crise sanitaria. As persoas interesadas terán un servizo telefónico gratuíto chamando ao 605 869 584.
Dentro das medidas de apoio á cidadanía polos fortes efectos socioeconómicos da crise sanitaria, o Concello tamén vai colaborar cos veciños na xestión das axudas da Xunta de Galicia polo cese do servizo do comedor escolar do CPI Santa Lucía.
Trátase das axudas de compensación habilitadas pola Consellería de Educación polo cese do servizo de comedor escolar. Estas subvencións, orientadas aos cativos adscritos aos réximes gratuíto e semigratuíto, é dicir os que pagan entre 0 e 1 euro ao día, teñen que pedirse ata o vindeiro luns 6 de abril.
En principio, estas axudas deben formalizarse telematicamente a través do rexistro xeral da Xunta de Galicia ou ben poñéndose en contacto co colexio morañés remitindo un correo electrónico ao enderezo cpi.santa.lucia@edu.xunta.es. Sen embargo, se algunha familia interesada ten problemas en presentar a súa petición a través destas canles pode solicitar colaboración ao departamento de Servizos Sociais chamando ao teléfono 647 286 256.
Relacionadas:
-
Moraña ofrece axudas ao seu tecido empresarial para superar a crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Moraña reparte máscaras e luvas entre os comercios abertos durante a crise sanitaria
Por Redacción |
-
Moraña entrega medicamentos a domicilio e imprime material escolar para os nenos
Por Redacción |
-
Moraña suspende o pago de diversas taxas municipais
Por Redacción |
-
Moraña activa un protocolo para xestionar o lixo de persoas afectadas polo coronavirus
Por Redacción |
-
A Xunta entrega EPI's aos concellos de Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |
-
Moraña entregará 2.500 quilos de alimentos a familias vulnerables pola crise do coronavirus
Por Sara Iglesias |