Seis colectivos sanitarios reclaman ao Goberno que reconsidere a súa situación polo coronavirus
Por Marisa Ciordia
Os consellos xerais dos colexios de fisioterapeutas, podólogos, ópticos-optometristas, nutricionistas e dietistas, logopedas e terapeutas ocupacionais uníronse para reclamar ao Ministerio de Sanidade o peche dos seus centros e consultas salvo para urxencias imprescindibles e inescusables. No caso de Galicia a Xunta xa decretou preventivamente o peche dos centros de fisioterapia.
O Real Decreto Lei aprobado ante a crise sanitaria excluía a todos estes colectivos sanitarios do obrigado peche, exceptuándose as urxencias "que puidesen axudar a non colapsar o sistema sanitario público". Nesta tesitura todos estes colectivos sinalan que non poden garantir que non se produzan contagios entre pacientes e profesionais.
Xustifican no comunicado que remitiron ao ministerio esa aseveración porque as súas intervencións conlevan un contacto directo cos pacientes; a gran maioría das terapias que realizan poden ser aprazadas por non ser urxentes; non se dispón do materia de protección necesario para pacientes nin profesionais; e que o perfil de paciente en boa medida é "poboación de especial protección ou ben de especial coidado pola súa capacidade de ser vector de contaxio".
Como indican en el escrito, la gran mayoría de estos sectores y "por responsabilidad" optaron por cerrar sus centros y consultas "para preservar la salud de sus pacientes y la de los propios profesionales" atendiendo solo urgencias previa valoración telefónica.
Outro aspecto ao que se refiren incumbe ao Ministerio de Traballo dado que a orde que adopta medidas en recursos humanos e medios para xestionar a crise sanitaria, indica que estes centros poden permanecer abertos. Unha circuntancias que os deixa ante "unha indefensión manifesta para acceder ás medidas que no ámbito laboral se aprobaron en Consello de Ministros".
Ademais das citadas reclamacións os seis organismos colexiados poñen ao dispor do Ministerio de Sanidade a todos os seus profesionais e tamén instalacións "para axudar en todo o que consideren necesario para facer fronte a esta situación de emerxencia sanitaria".
Relacionadas:
-
Os fisioterapeutas están a tratar as secuelas do confinamento domiciliario
Por Marisa Ciordia & Mónica Patxot |
-
Novas medidas de contención da Xunta, que regula a actividade de talleres de reparación
Por Natalia Puga |
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada