Dous detidos e 2,7 toneladas de cocaína intervidas nunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño
Unha operación conxunta do grupo Udyco da Policía Nacional e o equipo EDOA da Garda Civil permitiu a pasada madrugada interceptar un alixo de 2.700 quilos de cocaína e deter dúas persoas que tentaban introducir a droga na costa galega.
A operación continúa aberta e decretouse o segredo de sumario, de modo que aínda non se realizou un balance oficial da operación, pero fontes da investigación consultadas por PontevedraViva indicaron que o operativo tivo lugar de madrugada na Ría de Arousa.
Os axentes das unidades especializadas na loita contra o narcotráfico da Garda Civil e a Policía Nacional interceptaron dúas planadoras que tentaba meter a droga pola costa durante a madrugada e, ademais de intervir a droga, detiveron dúas persoas que ían nelas.
A droga foi trasladada polas embarcacións policiais ata o porto do Grove, onde se procedeu á súa pesada e posterior custodia.
O alixo foi intervido tras unha persecución pola ría de Arousa. Unha vez que lograron dar o alto ás planadoras, unha foi remolcada ata o porto do Grove e a outra quedou encallada no lodo preto de Cambados.
Relacionadas:
-
Ingresan en prisión os catro detidos polo alixo de cocaína en Arousa
Por Oskar Viéitez |
-
Prisión para os dous primeiros detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína interceptado en Arousa
Por Redacción |
-
Tráfico multa a 135 condutores nunha soa fin de semana na provincia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Doce policías nacionais infectados por coronavirus en Galicia, un deles en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |