O Concello pon en marcha un servizo de asesoramento para autónomos polo estado de alarma
Por Redacción
A concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra pon en marcha un servizo de asesoramento para autónomos e pequenas empresas para que resolvan todas as dúbidas derivadas das medidas do estado de alarma.
Os interesados poden poñerse xa en contacto co departamento que dirixe a socialista Yoya Blanco por vía telefónica ou a través do correo electrónico administracion@proxectoiles.es.
A concelleira explica que, dentro das súas competencias, o servizo de Promoción Económica está xa traballando para paliar o impacto da crise e "botar unha man no proceso de recuperación no tecido de autónomos e empresarios".
Ademais da campaña de asesoramento, a socialista asegura que "xa estamos a traballar en campañas de fomento das empresas e do comercio local para cando remate o estado de alarma".
Relacionadas:
-
#PonteLovers conta con seis mesas sectoriais para escoitar as demandas das pemes e negocios de proximidade
Por Redacción |
-
Que botas de menos do comercio local? Os centros comerciais abertos queren premiar a fidelidade da súa clientela
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Trámites e consultas sobre as medidas do Goberno saturan as asesorías de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Ata trinta postos do mercado de abastos ofrecen xa compras con entrega a domicilio
Por Redacción |