Un home de 90 anos, sexta vítima mortal do coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga
Un home de 90 anos faleceu este venres por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e elevou o número de vítimas mortais desde o inicio da incidencia sanitaria a seis, o primeiro o sábado 14 de marzo.
Segundo a información facilitada por fontes oficiais, o home, o de máis idade falecido ata o de agora en Pontevedra, estaba diagnosticado de coronavirus e permanecía ingresado no hospital de Montecelo con patoloxías previas.
O día máis complicado na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés desde que comezou a incidencia do Covid-19 foi este xoves 26 de marzo, con dous novos falecementos por coronavirus na mesma xornada, un home de 74 anos faleceu pola mañá e un de 81 pola tarde.
Ata o de agora, faleceron na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés seis homes, dous deles ingresado no Hospital Quironsalud Miguel Domínguez e os outros catro en Montecelo. Dous tiñan 81 anos, outros dous contabilizaban 74, outro tiña 72 e o último e de máis idade, 90.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Os casos activos de coronavirus na área sanitaria ascenden ata os 348
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria multiplica as altas por coronavirus, con 12 nas últimas 24 horas
Por Diego Espiño |
-
Día complicado na área sanitaria, con 38 novos casos activos por coronavirus nunha xornada
Por Natalia Puga |
-
Dous falecidos por coronavirus o mesmo día na área sanitaria, que suma cinco vítimas mortais
Por Natalia Puga |
-
Un home de 74 anos, cuarto falecido por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra
Por Natalia Puga |