Preocupación pola baixa da pediatra de Tenorio: "non é prudente que os nenos teñan que desprazarse ao Hospital Provincial"
Por Redacción
A agrupación socialista de Cerdedo-Cotobade manifestou este mércores a súa preocupación ante a ausencia por baixa médica da pediatra no centro de saúde de Tenorio desde hai días, pois cren que, con esta situación, aumentan as posibilidades de contaxio de coronavirus da poboación infantil.
Así, os socialistas consideran que "tendo en conta a situación que estamos a vivir ante a pandemia do Covid-19, consideramos que non é prudente que os nosos nenos e nenas teñan que desprazarse ao Hospital Provincial de Pontevedra" para ser atendidos dunha urxencia pediátrica.
O partido que lidera Lina Garrido considera que tamén se xeran riscos ante a posibilidade de que os nenos sexan atendidos polos médicos de atención primaria dos respectivos centros de saúde da contorna e comparten desta maneira a preocupación de moitas familias do municipio.
A pediatra que está de baixa é compartida nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade, así como para os nenos de Campo Lameiro que o así o consideren en vez de ir ao centro de saúde de Lérez, en Pontevedra. Dado que esta facultativa ten un amplo núcleo de atención de pacientes en idade infantil, os socialistas piden ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, que pida de forma inmediata ao Servizo Galego de Saúde e á Xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que solvente esta situación.
Lina Garrido lembra que hai máis de un ano acordoouse a supresión do servizo de pediatría nos centros médicos de Cerdedo e Carballedo, quedando este servizo só en Tenorio, o que provocou que a parte alta de Cotobade tivera que desprazarse do seu centro de referencia, que era Carballedo, e que os de Cerdedo teñan que desprazarse ao concello veciño de Forcarei.
Relacionadas:
-
Os nenos de Meis e Meaño serán atendidos polo pediatra en Baltar durante o verán
Por Redacción |
-
Alertan de que oito dos dez traballadores da lavandería do Hospital Provincial contaxiáronse
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Desinfectan varios puntos do municipio de Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |
-
Reforzan a Atención Primaria da área sanitaria de Pontevedra con dezasete novos profesionais
Por Redacción |
-
O Sergas xustifica a súa decisión de ubicar en Tenorio a unidade de fisioterapia
Por Oskar Viéitez |
-
Cambios na atención de Pediatría durante o verán no Centro de Saúde de Tenorio-Cotobade
Por Redacción |