Os sindicatos da área sanitaria de Pontevedra denuncian "graves incumprimentos"
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos PROSAGAP, COBAS, TSP, CESM e CIG denuncian os "graves incumprimentos", da ley de prevención de riscos laborais e do decreto de prevención ante a exposición a riscos biolóxicos, por parte da Xerencia da área sanitaria de Pontevedra, a Consellería de Sanidade e o Sergas.
"Como traballadores da sanidade pública queremos deixar ben claro á poboación, que somos ante todo servidores públicos e profesionais da sanidade, pero non podemos obviar o que consideramos é unha falta de previsión, impericia ou neglixencia da Xerencia da Eoxi, do Director Xeral do Sergas e o Conselleiro de Sanidade", din estes sindicatos nun comunicado.
Os representantes dos traballadores do sistema sanitario público entenden que a Consellería de Sanidade, está a actuar neste eido con "pasividade" nun "exercicio de irresponsabilidade e de menosprezo da lexislación ante a epidemia do COVID 19".
Igualmente critican a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra por actuar de xeito "irresponsable e de total desprezo hacia os representantes dos traballadores, por iso vémonos na obriga de continuar coa denuncia da realidade" xa que este equipo directivo "fai caso omiso de toda normativa".
A información non chega o conxunto do persoal porque, como advertiu a representación dos traballadores, "a estructura de mandos intermedios non funciona" e ao mesmo tempo, a intranet como sistema de información é "insuficiente".
"A información desorganizada, sumada á carencia de Equipos de Protección Individual, ten como consecuencia que haxa traballadores que teñen un primer contacto con posibles enfermos actuando sen a debida protección", coma son os celadores ou o persoal administrativo.
A isto engaden a non investigación de "situacións anómalas" como por exemplo a da lavandería, "con 4 traballadores afectados na unidade e obrigados a continuar coas súas funcións sen medios de protección básicos".
"O nivel de estrés que esto xera é moi preocupante, xa non tanto polos riscos da propia epidemia, que como sanitarios asumimos, senón pola falta de comunicación, organización e decisión", engaden neste comunicdo conxunto de PROSAGAP, COBAS, TSP, CESM e CIG.
"O incremento día a día de casos de compañeiros afectados e traballando nunha situación de desinformación, de inseguridade, de si vai ter ou non os medios necesarios para traballar con seguridade, a toma de decisións sin consulta nin participación dos traballadores e dos seus representantes" lévalles a iniciar toda unha batería de solicitudes á Xunta de personal e aos delegados de Prevención para que poñan en marcha a intervención de outras administracións como a Inspección de Traballo, a Inspección de Servizos da Consellería de Sanidade, o Valedor do Pobo, "non descartando a posibilidade de concurrir cunha demanda a xurisdicción social".
"Non é momento para pararse a solicitar dimisións, pero exiximos un cambio de actitude por parte da Xerencia", conclúen.
Relacionadas:
-
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante uniformes suficientes para o persoal dos PAC
Por Redacción |
-
A asociación de vivendas turísticas ofrece pisos gratis ao persoal sanitario
Por Redacción |
-
116 novas mamparas axudarán a previr o contaxio do coronavirus
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Medio cento de pacientes hospitalizados por coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Natalia Puga |