Caldas de Reis obten un balance positivo na reciclaxe de plásticos dos últimos anos
Por Redacción
En Caldas de Reis, a recollida selectiva de plásticos incrementou durante o 2019 en 41 toneladas, o que representa un incremento do 32,27% respecto a os datos do ano anterior. Estos datos implican que cada caldense depositou no colector amarelo 16,9 quilogramos de lixo, o que sitúa a Caldas por enriba do último dato publicado da media galega, situado en 11,7 kg por habitante.
Nunha comparativa cos datos de anos anteriores, as cifras resultantes representan un aumento no reciclaxe do 65% no últimos 5 anos que repercutiron no 2019 nun aforro directo dun 25.000 euros.
Ademais, ao longo desta semana procederase á desinfección de todos os contenedores verdes por parte da empresa adxudicataria deste servizo coa colaboración do equipo municipal de residuos sólidos urbanos.
"O compromiso individual de cada cidadán é unha gran aportación para a mellora do medio ambiente e, para isto, a vía de reciclaxe é imprescindible", sinalou o concelleiro responsable de Medio Ambiente, Manuel González, quen tamén quixo destacar o esforzo dos traballadores do servizo de recollida de residuos urbanos que facilita todo o proceso de recollida selectiva.