Elaboran una guía de limpeza e desinfección de espazos públicos para os concellos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, elaborou unha guía de limpeza e desinfección de espazos públicos que será distribuída en todos os concellos da provincia.
Este documento, elaborado polos técnicos deste organismo, parte do protocolo aprobado polo Ministerio de Sanidade e incorpora pautas e consellos para que o persoal municipal poida realizar este traballo con maior eficacia e con adecuadas medidas de autoprotección..
Na situación actual, segundo recolle esta guía, a limpeza dos espazos públicos resulta "de especial importancia" para eliminar a carga viral que poida existir.
Os técnicos aconsellan realizar unha primeira fase de varrido "exclusivamente" húmido e nunca en seco, con auga a pouca presión ou pulverizada, engadindo produtos derivados do amoníaco e evitando salpicar o empapar as superficies.
Ademais, advirten de maneira expresa que durante esta situación de alerta sanitaria non se realicen varridos por soprados na vía pública.
No caso de baldeo de rúas, prescríbese o uso dos camións e vehículos de limpeza municipal e o uso de auga con deterxentes de arrastre específicos para a limpeza viaria.
A guía recomenda a desinfección, pola súa banda, no caso de espazos con afluencia pública onde as posibilidades de contaxio multiplícanse, con especial atención aos accesos a centros sanitarios, farmacias, edificios públicos, supermercados, residencias ou lugares de pernoita das persoas sen fogar.
Para iso, débese empregar lixivia diluída en auga e utilizar mochilas pulverizadoras, mentres que para desinfectar superficies de mobiliario público ou calquera outro elemento da vía pública poden utilizarse os produtos virucidas autorizados polo Ministerio de Sanidade.
Como medida de precaución, os técnicos aconsellan que os operarios actúen provistos de equipos de protección de acordo coa normativa sobre axentes químicos e biolóxicos e que reciban incluíndo unha formación básica sobre a súa correcta utilización e manipulación
A periodicidade dos labores de limpeza e desinfección dependerá en cada caso da afluencia a cada lugar, de maneira que será máis intensa nos edificios e locais de acceso público durante o vixente estado de alarma, conclúe a guía editada pola Deputación.
Relacionadas:
-
A Xunta entrega EPI's aos concellos de Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias |
-
O PP pide á Deputación que informe debidamente aos concellos sobre as medidas adoptadas para a loita contra o coronavirus
Por Sara Iglesias |
-
Moraña, Marín e Sanxenxo amplían as tarefas de desinfección en zonas comúns
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra reforza a desinfección de colectores
Por Redacción |
-
A Deputación dá luz verde a axudas e anticipos tributarios aos concellos por máis de 25 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación axilizará os seus pagamentos para inxectar liquidez en empresas e autónomos
Por Redacción |
-
A Deputación libera catro millóns de euros para axudar aos concellos pequenos a loitar contra o coronavirus
Por Redacción |