Arde de madrugada un cuberto de leña en Cuntis
Por Redacción
Un incendio calcinou esta pasada madrugada parte dun cuberto destinado ao almacenaxe de leña no lugar de O Casal, na parroquia de San Fiz de Estacas.
O lume foi detectado contra as seis e media da madrugada e ao lugar foron mobilizados os bombeiros do Salnés, o GES da Estrada, Protección Civil de Cuntis e a Garda Civil.
A rápida intervención dos servizos de emerxencias evitou que o lume se propagara e alcanzase as vivendas próximas, impedindo danos maiores.
Finalmente só houbo que facer balance de escasos danos de carácter material que afectaron ao cuberto onde se resgardaba a leña.
Polo momento descoñécense as causas que provocaron este incendio.