Pepe Solla, premio Sabores do Arco Atlántico
Por Redacción
A segunda edición do festival Arco Atlántico que se está a celebrar en Gijón (Asturias) dende o día 26 de xullo galardoará a Pepe Solla como mellor xefe de cociña de Galicia 2013. O estrela Michelín reunirase con outros seis cociñeiros da cultura atlántica nesta iniciativa promovida polo Concello de Gijón, co obxectivo de potenciar a cultura común e establecer unha plataforma de intercambio entre os pobos do Arco Atlántico.
A entrega de premios realizarase o próximo 30 de xullo ás 21:30 horas e posteriormente haberá un espectáculo-cooking na praza Maior de Gijón. Os asistentes poderán gozar do espectáculo gastronómico de tres grandes xefes de cociña: Ricardo Costa (The Yeatman, Porto), ÿscar Calleja (Annua Gastro, San Vicente de la Barquera) e o galego Pepe Solla (Casa Solla, Poio).
Dentro dos actos previstos, o cociñeiro estrela Michelín realizará unha máster class o mércores 31 de xullo ás 10 da mañá no restaurante La Salgar de Gijón, baixo o título de "A claridade e a esencia na cociña", dirixido a profesionais da restauración.
Relacionadas:
-
Duelo ante o fogón entre Pepe Solla e Pepe Rodríguez no Pazo Baión
Por Redacción |
-
Os menús picantes de Pepe Solla triunfan no showcooking do Mercado
Por Anxo Lourido |
-
'Showcooking' con Pepe Solla, Casa Román, Eirado da Leña, Room e A Punto, na Praza de Abastos
Por Alejandro Espiño |
-
A cociña galega, á conquista do País Vasco da man do Basque Culinary Center
Por Alejandro Espiño |