O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas a comercios, hostaleiros e autónomos
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas de, como mínimo, 400 euros aos negocios de comercio e hostelería que permanezan pechados durante o Estado de Alarma. Ademais, haberá unha axuda de polo menos 200 euros para os autónomos que vexan mermada a súa actividade durante o confinamento.
Segundo o Concello estas axudas serán a maiores das que poña en marcha a Comunidade Europea, o Goberno de España ou a Xunta de Galicia, e pide aos propietarios dos baixos, aos arrendadores, que "sexan solidarios" e "condonen ou reduxcan os pagos dos alquileres".
Nesta liña o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, destaca que "é momento de arrimar o ombro" xa que "deixar de cobrar un par de meses pode garantizarlle que despois se siga mantendo a actividade e poidan seguir cobrando moitos meses máis".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares con entrega a domicilio
Por Redacción |
-
Máis de 3.300 vivendas de Ponte Caldelas terán os accesos desinfectados
Por Redacción |
-
Axudas directas de 400 euros a comercios, hostaleiros e autónomos de Ponte Caldelas
Por Redacción |