Reclaman á Deputación que axude comprando material sanitario
Por Oskar Viéitez
O secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Ramón Piñeiro, reclama á Deputación de Pontevedra "decisións políticas para axudar nesta crise aos cidadáns".
Ademais demanda a convocatoria dun Pleno para aprobar unha modificación de crédito, cuxo obxectivo sexa a compra de respiradores, material sanitario, EPIs (equipos de protección individual) para contribuír "a salvar vidas".
Á vez que fai esta petición José Ramón Piñeiro asegura que "confía moi pouco en que isto leve a cabo" e critica as xestións que está a facer o Goberno provincial no Centro Príncipe Felipe que, ao seu xuízo "sitúan aos traballadores na grella de saída dos contaxios".
O portavoz de Comisións Obreiras cita como exemplo que o reingreso no Príncipe Felipe daqueles menores que se atopaban fuxidos "realízase baixo medidas de prevención insuficientes" xa que estes mozos, "incorpóranse directamente ás unidades familiares co resto dos menores, compartindo os mesmos espazos sen respectar ningún tipo de corentena antes de incorporarse á unidade", asegura.
José Ramón Piñeiro acusa á presidenta da Deputación, Carmela Silva de "unha utilización perversa dos menores, debido a que aproveita este difícil momento para facerse ver sen achegar máis nada que fume e mentiras".
Por todo iso, urxe ao Goberno provincial a "facer todo o posible para protexer ao persoal e evitar o contaxio".
Relacionadas:
-
Crean unha plataforma para axudar aos 'coronavirus makers' en Pontevedra
Por Redacción |
-
O persoal do ambulatorio Virxe Peregrina recorre a bolsas de lixo ante a carencia de EPIS
Por Marisa Ciordia |
-
Dá negativo o caso sospeitoso no Centro Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación modifica as axudas de emerxencia para os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación libera catro millóns de euros para axudar aos concellos pequenos a loitar contra o coronavirus
Por Redacción |
-
A Deputación fixa "persoal crítico" e mantén toda a actividade no Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |