Como actuar en caso de producirse situacións de violencia de xénero durante o confinamento?
Por Redacción
O Colectivo Feminista de Pontevedra alerta da situación na que se atopan as mulleres vítimas de violencia machista durante estas semanas de illamento nos domicilios, sobre todo nas zonas do rural.
Desde este colectivo, lembran que as vítimas poden chamar ao 016, que é o teléfono de atención ás vítimas de violencia machista, pero tamén sinalan que o teléfono de información do CIM en Pontevedra é o 606 400 680 e nel atenderase de 09.00 a 21.00 horas a calquera muller que o precise.
O Ministerio de Igualdade publicou unha Guía de actuación para mulleres que estean a sufrir violencia de xénero en situación de permanencia domiciliaria derivada do estado de alarma por COVID-19 onde se ofrecen teléfonos de apoio emocional inmediato e unha serie de recomendacións.
Lembran que #ante unha situación de perigo, no caso de que non sexa posible realizar unha chamada, pode utilizarse a APP ALERTCOPS, desde a que se enviará un sinal de alerta á policía coa localización da vítima.
En caso de vivir co agresor e resulte imposible chamar por teléfono aos servizos de axuda habituais, o servizo do 016 dispón dunha canle de información e asesoramento online, habilitado 24 horas, 365 días ao ano, no que se reciben consultas sobre dereitos e recursos, así como facilitar asesoramento xurídico: 016-online@mscbs.es.
En todo caso, a recomendación ante situacións de emerxencia pídese ás vítimas que chamen ao teléfono gratuíto de asistencia inmediata 112 para que acudan as Forzas e Corpos de Seguridade correspondentes.
Relacionadas:
-
O CIM segue atendendo por teléfono todas as citas e xestións das súas usuarias
Por Redacción |
-
Un rastro de panos morados para dar acubillo a vítimas de violencia machista: #MiCasaEsTuCasa
Por Natalia Puga |
-
Atención os sete días da semana no CIM de Poio para as vítimas de violencia machista
Por Redacción |
-
"Se te maltrata, non quedes na casa", campaña de loita contra a violencia machista durante a corentena
Por Redacción |