Primavera desde o confinamento. Mándanos as túas fotos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Xa estamos na primavera e aínda que nos pillou pechados na casa queremos gozar igualmente do cambio de estación.
Desde PontevedraViva propoñemos aos nosos lectores que compartan fotografías de como reciben o primeiro día da primavera desde as súas casas. Entre todos elaboraremos unha bonita galería.
Envía as túas fotos a redaccion@pontevedraviva.com
Desde a Axencia estatal de meteoroloxía (Aemet) avanzan que a estación será cálida e seca e os expertos afirman que a subida da temperatura e o aumento das horas de sol poderían axudar a reducir a propagación do coronavirus.